REGATOS POLO AIRE

Un proxecto de Rebordelos arredor da sella

“Cando ía á fonte, que era moitas veces, porque na casa dun labrador gástase moita auga, viña ca sella na cabeza sen agarrar e andando ó seu paso de canchas longas, como se non trouxera nada. E non lle caía unha pinga. A sella era das máis grandes que había en todo o lugar. Cargaba a calquera.”

Estebo, de Xosé Lesta Meis (Lar, 1927)
Libro coordinado por María Lado e onde colaboran escritoras e escritores como Xerardo Pereiro, Llerena Perozo, Carme Varela, Emma Pedreira, Suso Bahamonde, Diego Ameixeiras, Susana Sanches Arins.
Vay a xente a pedirlle auga
a San Roque do Camiño;
son esas xentes ben tolas…
pois eu, pedíalle viño!
Vas a y-auga c’unha sella
que che pinga tod’a roupa,
e nunca che pinga a cara
que levas sempre ben moura.
O crego da miña aldea
ten brancas as maus e cara,
tamén as tería eu 
si cal él folga eu folgara.
Saraibas, por S. T. SOLLOSO (1912)

Como se fai
unha sella?

Retrato do selleiro José Vicente Lagoa,
de Betanzos.
un proxecto de
Proxecto premiado no
I Certame «Fondo de apoio
a proxectos culturais singulares para a mellora social 2025».
Colaboran